Saúdo do Alcalde

Benvida/o ó noso Concello

O Concello de Laza cunha extensión aproximada de 215 km2 atópase dentro do macizo ourensán e combina dun xeito asombroso a montaña co val, resultando unha paisaxe incomparable. A capital do municipio, atópase regada dunha beira polo río Támega e doutra polo Cabras (Cereixo), de aí o topónimo do concello "Laza" que deriva do vocablo latino "latium".

Consonte escribiu o etnógrafo Jesús Taboada Chivite, existe neste concello, unha riquísima canteira de materiais folclóricos. Constatase isto se observamos como se conservan e perduran as súas celebracións tradicionais, internacionalmente coñecidas como o entroido, o Sacrificio de Isaac no Santo Cristo e a loita de moros e cristiáns, que se representa ata en tres lugares distintos, maís intensa e participativa en Retorta.

Historicamente, Laza, contou con minas de wolframio; hoxe, os cultivos das ribeiras, os castiñeiros e a gandería, constitúen as principais mostras da economía deste Concello, sen esquecer a sé da BRIF e o turismo tanto na vertente rural como na xerada polas tradicións.

É un dos puntos neurálxicos do Camiño Mozárabe ou Ruta da Prata a Santiago, contando cun albergue de peregrinos moi ben avaliado polos usuarios.

Esta páxina web do Concello de Laza ten como obxectivo principal poñer ó dispor dos veciños unha canle de información dos distintos servizos e actividades municipais e potenciar a participación cidadán, utilizando as novas tecnoloxías.

Benvidos, pois, e un agarimoso saúdo.

Xesus Blanco Conde, Alcalde de Laza

Anexos

CV do Alcalde (galego)

CV del Alcalde (español)

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y tu experiencia de navegación. Si continuas navegando, se entiende que aceptas su uso.